Charlie Collins

A directora de Turismo de Galicia recibe ao estandarte da nova cociña de Panamá, Charlie Collins Escoitar

febrero 13th, 2017 Posted by Entrevistas No Comment yet
  • O cociñeiro centroamericano fixo unha visita ás instalacións do Centro Superior de Hostelería de Galicia e compartiu as súas experiencias cos profesores e alumnos do Diploma de Gastronomía e Xestión en Cociña
  • A razón da súa viaxe a Galicia é a de promocionar a gastronomía de Panamá e, con este fin, ademais de visitar o CSHG, participará mañá no Salón Gastronómico Xantar
  • Charlie Collins agradeceu a invitación de Turismo de Galicia e amosou a súa ledicia por visitar un centro o cal destacou “conta cunhas instalacións insuperables”

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, recibiu hoxe ao cociñeiro centroamericano Charlie Collins quen fixo unha visita ás instalacións do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) e compartiu as súas experiencias cos profesores e alumnos do Diploma de Gastronomía e Xestión en Cociña.

A razón da súa viaxe a Galicia é a de promocionar a gastronomía de Panamá e, con este fin, ademais de visitar o CSHG, participará mañá no Salón Gastronómico Xantar. O seu país, Panamá, é o invitado este ano na feira que empeza mañá en Ourense e no que se xuntan exemplos de cociñas de todo o mundo.

O estandarte da nova cociña do país centroamericano agradeceu a invitación de Turismo de Galicia e amosou a súa ledicia por visitar un centro o cal destacou “conta cunhas instalacións insuperables”. Ademais de ver as diferentes aulas de cociña, Collins falou cos alumnos de Diploma de Gastronomía e coñeceu aos profesores.

O cociñeiro panameño explicou no CSHG que leva cociñando desde os 19 anos. “As miñas raíces profesionais remóntanse á experiencia na cociña do Hotel Panamonte, en Boquete, na provincia de Chiriquí” a cal definiu como “a granxa do país” e onde, segundo sinalou, aprendeu a importancia de utilizar ingredientes frescos, desenvolvendo o concepto “da horta á mesa”.

Desde fai un par de anos, Charlie Collins é o chef máis mediático de Panamá grazas a súa participación na versión do programa televisivo Top Chef.

Fuente | Xunta

No comments yet. You should be kind and add one!

Leave a Reply

Your email address will not be published.This is a required field!

<small>You may use these <abbr title="HyperText Markup Language">HTML</abbr> tags and attributes:<br> <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>